16 de maio de 2018

Día das Letras Galegas 2018


O Día das Letras Galegas 2018 está adicado a María Victoriz Moreno, esta pontevedresa de adopción chegou a Galicia en 1963, con só 22 anos, e axiña asumiu a cidadanía en galego, a lingua que escolleu tanto para as súas obras narrativas infantís e xuvenís como para os seus estudos literarios, o ensaio, a poesía e a didáctica da lingua e da literatura galegas. 
É a cuarta muller -tras Rosalía de Castro, Francisca Herrera Garrido e María Mariño- que leva ese recoñecemento na historia da celebración. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario