7 de abr. de 2016

XX Edición do Premio Humor Gráfico "Curuxa do Humor 2016"


O Concello de FENE convoca a XX edición do premio de humor gráfico “Curuxa do Humor 2016” 

Categorías:
  • Na categoría Curuxa, calquera persoa maior de 25 anos residente no Estado español.
  • Na categoría Curuxa-Nova, calquera persoa de ata 25 anos residente no Estado español.
  • Os/as participantes poderán presentar un só debuxo.
Temática: 
Nas dúas categorías, temática libre. Humor gráfico nas súas modalidades mudo, texto ilustrado ou viñeta.
Características do debuxo:
  • As obras presentadas a concurso deberán ser de creación propia e inédita.
  • Presentaranse en formato papel, mesmo no caso de traballos realizados dixitalmente.
  • A dimensión máxima do debuxo será de 29,7x42 cm (A3).
  • Non se admitirán fotocopias nin gravados.
Lingua: Os traballos deberán estar redactados en galego. Tamén se admitirán traballos redactados en calquera das linguas oficiais do Estado aínda que, neste caso, o/a autor/a deberá achegar xunto coa documentación requirida nas Bases, a tradución ao galego do texto do debuxo. Admítense traballos de humor mudo. 
Prazo: O prazo para presentar debuxos está aberto ata as 14:00 h do día 30 de maio de 2016.

Ningún comentario:

Publicar un comentario