09/03/2016

XXXIII Edición do Festival de Música Antiga de Sevilla



O Festival de Música Antiga de Sevilla, FeMÀS, que celebra a súa XXXIII edición, foi galardonado por GEMA (a Asociación de Grupos españois de Música Antiga) en 2015 co Premio Nacional ao mellor festival de Música Antiga pola súa programación e actividades paralelas.
Un ano máis se poderá gozar de ExpofeMÀS, a mostra de instrumentos do Festival de Música Antiga de Sevilla organizada por GLAE (Gremio de Luthiers e Arqueros de España) en colaboración con ICAS, que do 11 ao 13 de marzo de 2016 celebrará a súa sexta edición no Espazo Turina. 
ExpoFeMÀS é un encontro internacional de violeros, constructores de traversos e flautas, de instrumentos de tecla como clavicordios ou espinetas... En definitiva, de todos os instrumentos sensibles de aparecer na interpretación do repertorio musical chamado historicista: claves de Rafael Marijuan; viola de gamba de Pablo Fernández Romeu; Guitarras históricas de Joan Pellisa; tiorba e laúd de Jean Louis Marie; viola de gamba de Antonio Suárez Padilla; viola de gamba e guitarra barroca de Fernando Muñoz Aladro; viola d'amore de Ander Arroitajáuregui; flautas de Pedro Martín Lucas; viola de gamba, arcos e cordo de Robert Louis Baille; arcos barrocos de Michel Proulx; violín barroco de Anna Andreu; arcos de violín e viola de gamba de Gerard Díaz; viola d'amore de Massimo Mura; obóes históricos de Guillermo Beltrán; viola de gamba e violone de Francisco Luengo e trompa mariña e viola de gamba de Fernando Sánchez Contra.
Podedes completar esta información na web do FeMÀS www.femas.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario