30/01/2011

GRAN ÉXITO DE PÚBLICO NA INAUGURACIÓN DO ESPAZO EMAO











O pasado venres 28 de xaneiro tivo lugar a inauguración da nova sala de exposicións: o Espazo Emao, numerosas persoas acudiron á cita e puideron gozar das 50 obras expostas e da actuación musical de Rodrigo Romaní, responsable da Escola Municipal de Música Folk e Tradicional (e-Trad) que convive nas mesmas instalacións da centenaria Escola Municipal de Artes e Oficios. O acto tivo presidido pola concelleira de Educación Laura López Atrio.
A nova sala ocupa un amplo espazo situado na planta baixa do edificio anexo, con entrada independente polas rúas Oporto e Rosalía de Castro . 
Esta primeira exposición " Proxecto apertura" permanecerá aberta ao público de martes a sábado entre as 19 e 21 horas, ata o día 26 de marzo.

2 comentarios:

  1. ¡Gracias y felicidades!

    A Los comisarios de la expo "proxecto apertura". Vuestra labor ha sido exquisita, habéis logrado mostrar un trabajo sumamente coherente. Sin vuestra gran aportación, ¡no se podría conseguir semejante éxito!

    ¡enhorabuena!

    ResponderEliminar
  2. Parabens aos comisarios da exposicion, facianos falta un sitio asi na ciudade de Vigo

    ResponderEliminar