16 de maio de 2019

Raku Segundo Nigrán 2019


Este vindeiro luns, 20 de maio, comeza unha nova edición da Semana de Raku segundo Nigrán, este ano cúmprense 30 anos. Esta actividade é froito da estreita colaboración da Escola Municipal de Cerámica de Nigrán e do Obradoiro de Cerámica Artística da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo. Participan alumnos e ex alumnos de ambas escolas e poden asistir como público todas as persoas interesadas nesta milenaria técnica.

Ningún comentario:

Publicar un comentario