Últimos días para visitar a marabillosa exposición que se inauguro en Granada o 15 de outubro e que remata o próximo día 28 de febreiro. Esta composta por arredor dunha centena de obras que inclúen fotografías, óleos, litografías, esculturas e cerámicas, entre elas pode verse por primeira vez os tres cadros que Matisse pintou en España.
Matisse foi un dos primeiros turistas que visitou a Alhambra, acabada de inaugurar como monumento turístico. Foi un viaxe moi útil que marcou o comezo dunha etapa moi creativa con pezas maxistrais como o "Atelier rouge".