Amosando publicacións coa etiqueta Artes e Oficios. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Artes e Oficios. Amosar todas as publicacións

21 de mar. de 2019

Días Europeos da Artesanía 2019


Volve a gran festa dos oficios artesáns: os Días Europeos da Artesanía, que se celebran en España por sétimo ano consecutivo. Do 1 ao 7 de abril, o público de todas as idades terá a oportunidade de achegarse á esfera da creación artesanal mediante centos de actividades gratuítas.
Todos os artistas e institucións que desexen compartir os seus procesos creativos co público están convidados a propoñer as súas actividades mediante a web www.diasdelaartesania.es 

24 de set. de 2018

Matrícula Aberta na EMAO para o Curso 2018-2019



Desde hoxe e ata o venres 28 de setembro estará aberto o prazo de matrícula para o curso 2018-2019 na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo. Acordarvos que os seleccionados no sorteo (Pintura e Debuxo) e os que superaron as probas de acceso das outras especialidades (CAIM, Cerámica, Coiro, Encaixe de palillos, Ourivaría, Serigrafía e Talla na madeira) deben confirmar a matrícula.
Horario de luns a xoves, mañás de 10:00 a 14:00 e tardes de 16:00 a 20:00, o venres 28 de setembro ata ás 14:00.
Consulta aquí se estás admitido/a:

31 de xul. de 2018

Novas Adquisicións para a Biblioteca da EMAO



Con estas imaxes dos libros que acabamos de recibir queremos desexarvos felices vacacións a todos. 
En setembro regresamos... Máis pronto que tarde, todas estas referencias bibliográficas estarán a disposición do noso alumnado e de todas aquelas persoas interesadas nas Belas Artes e nos oficios artísticos e tradicionais. 
Feliz verán!!!

23 de mar. de 2017

Xornada de Portas Abertas o 31 de Marzo na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo

Co gallo dos Días Europeos da Artesanía a Escola de Arte e Oficios de Vigo propón unha Xornada de Portas Abertas, o venres día 31 de Marzo, en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00. Entrada gratuíta.

  • De 10.00 a 12.00 poderanse visitar os obradoiros de :  Construción artesanal de Instrumentos Musicais (Zanfona e Instrumentos populares Galegos) e Serigrafía Artística

CAIM Zanfona
CAIM Gaita













Serigrafía artística


  • De 12:00 a 14:00 poderanse visitar os obradoiros de Encadernación e Luthería Antiga. 

Encadernación artística

Luthería antiga
 

  • De 16:00 a 18:00 poderanse visitar as aulas de Escultura e Talla en Madeira, Debuxo, Pintura, Moda e Confección e Orfebrería. 


Escultura e Talla en madeira
Debuxo

Pintura
Moda e Confección

Ourivaría

  • De 18:00 a 20:00 poderanse visitar os obradoiros de Cerámica e Artesanía en Coiro.

Cerámica

Artesanía do Coiro

  • De 9:00 a 12:00 e de 16:30 a 19:30 poderase visitar a Biblioteca da Escola, especializada en Oficios Artísticos. 




1 de out. de 2015

"Novas de Artes e Oficios" na Plataforma Scoop'it un Lugar Propio en Internet


Na EMAO de Vigo administramos e mantemos un lugar propio en Internet: "Novas de Artes e Oficios" http://www.scoop.it/t/novas-de-artes-e-oficios, de clasificación e difusión de enlaces relacionados coas especialidades que aquí impartimos: Construcción de Instrumentos Musicais (Gaita, Zanfona e Luthería antiga), Debuxo artístico, Pintura, Serigrafía artística, Moda e Confección, Deseño e encaixe de palillos, Artesanía en Coiro, Encadernación, Talla e escultura en madeira e Ourivaría. En "Novas de Artes e Oficios", aloxada na plataforma Scoop.it, encargámonos de peneirar e subministramos información previamente seleccionada --novas, titoriais, teoría e práctica, documentos, videos...-- en todos estes ámbitos.

Á información pode accederse ben globalmente --co que teremos unha ampla panorámica da actualidade dos temas relacionados coas nosas especialidades e co mundo da arte en xeral--, ou utilizando os filtros (Search in topic --coa icona dun funil na parte superior dereita da páxina--) o que nos permite unha navegación por temas e especialidades, especialmente útil para manterse ao día sobre as Artes e Oficios artísticos que nos interesen especialmente.

Podemos tamén acceder con cada unha das seguintes etiquetas:  
Arte/Artesanía/Debuxo/Pintura/Escultura/Encaixe/Moda/Encadernación/Gaita/Zanfona/Luthería/Talla en madeira/Coiro/Ourivería/Serigrafía, poñéndoa despois do signo = na seguinte secuencia, e pegándoa completa na barra de enderezos do noso navegador. http://www.scoop.it/t/novas-de-artes-e-oficios/?tag=Arte (exemplo se buscamos seleccionar as entras coa etiqueta "Arte")
Desde o noso blog podedes acceder directamente a o noso Scoop'it, tamén a Facebook e Twitter.
Esperámosvos!!!