Co gallo dos Días Europeos da Artesanía a Escola de Arte e Oficios de Vigo propón unha Xornada de Portas Abertas, o venres día 31 de Marzo, en horario de 10:00 a
14:00 e de 16:00 a 20:00. Entrada gratuíta.
- De 10.00 a 12.00 poderanse visitar os obradoiros de : Construción artesanal de Instrumentos Musicais (Zanfona e Instrumentos populares Galegos) e Serigrafía Artística
CAIM Zanfona |
CAIM Gaita |
Serigrafía artística |
- De 12:00 a 14:00 poderanse visitar os obradoiros de Encadernación e Luthería Antiga.
Encadernación artística |
Luthería antiga |
- De 16:00 a 18:00 poderanse visitar as aulas de Escultura e Talla en Madeira, Debuxo, Pintura, Moda e Confección e Orfebrería.
Escultura e Talla en madeira |
Debuxo |
Pintura |
Moda e Confección |
Ourivaría |
- De 18:00 a 20:00 poderanse visitar os obradoiros de Cerámica e Artesanía en Coiro.
Cerámica |
Artesanía do Coiro |
- De 9:00 a 12:00 e de 16:30 a 19:30 poderase visitar a Biblioteca da Escola, especializada en Oficios Artísticos.
- De 19:00 a 21:00 no Espazo EMAO (Sala de Exposicións) poderase visitar a Exposición "#handmadenothomemade. Coiro: Volume e Cór" organizado pola especialidade de Artesanía en Coiro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario