É
Encaixe. A Exposición
A
exposición que presentamos amosa os traballos de maior calidade
realizados durante a última década no Obradoiro de Deseño e
Encaixe de Palillos da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo.
Esta mostra pretende transmitir as posibilidades e a realidade desta
artesanía partindo da base, pero indo máis alá, das técnicas,
materiais, usos e estética tradicional, facéndoa dialogar e
implicarse nunha lingoaxe contemporánea e vinculándoa ao mundo da
creatividade.
Quere
servir tamén para promover a reflexión sobre a capacidade das
mulleres de saírense dos patróns tradicionais femininos
que se asocian a esta artesanía (moda, decoración, fogar...) e
adoptar, con notable excelencia técnica e creatividade, propostas e
discursos contemporáneos.
Móstranse
obras artesás e artísticas realizadas por alumnas egresadas da EMAO
na última década coa certificación de estudos de Deseño e encaixe
de Palillos da EMAO. Son traballos realizados como resultado material
dos proxectos de fin de estudos (curso Avanzado) executados baixo a
dirección de Marian Núñez --mestra desta disciplina na EMAO-.
Utilízanse distintos materiais, técnicas, formas, funcionalidades
e estéticas tradicionais e contemporáneas.
Título: É encaixe. A Expo
Produción:
Mestra e alumnas da especialidade e equipo de montaxe da Escola
Municipal de Artes e Oficios de Vigo, Área de Educación, Concello
de Vigo
Lugar:
Espazo EMAO (Sala de Exposicións da Escola Municipal de Artes e
Oficios de Vigo). Edificio Anexo da EMAO, entradas pola rúa
Pontevedra e Rosalía de Castro.
Comisaria:
Marian Núñez, mestra de formación da especialidade de Deseño e
encaixe de palillos da EMAO
Cartaz:
Marian Núñez
Asistencia
a montaxe e rotulación:
Rafael Romero
Axudante de montaxe: Eduardo
Sánchez
Datas:
do 22 de novembro de 2019 ao 10 de xaneiro de 2020
Horario:
de 19:00 a 21:00 de luns a venres non festivos
Sobre
o tempo e o tecer (a propósito dunha exposición)
Marian Núñez, comisaria da Exposición e mestra da especialidade de Deseño e encaixe de Palillos na EMAO
Marian Núñez, comisaria da Exposición e mestra da especialidade de Deseño e encaixe de Palillos na EMAO
1.
O tempo
Pode que o tempo non teña un directo valor de cambio, coma os cartos,
pero quen posúe tempo, posúe a chave da creatividade: só o tempo
fai fluir as ideas. O diñeiro seméllanos estar por riba de tódalas
cousas, pero é o tempo a nosa alfaia mais prezada. O tempo, amigo e
enemigo. Como inimigo disfrázase para enmascararnos a rutina cotiá;
como amigo é o noso vehículo a mundos imaxinarios –e sen
imaxinación non hai creatividade-.
A
nosa Escola cultiva ese tempo, transfórmase nun lugar no que é
posible aprender con excelencia técnica, pero sobre todo, traballar
pacientemente a imaxinación: esa cualidade que abre as portas á
creatividade e deixa entrar a luz do pensamento diverxente.
¿Que
é senon o desenvolvemento da creatividade senon un camiñar no
tempo?.
2.
Metáforas: o tecido
envolve a vida
O
tecido é como a alma das mulleres que loitan por non estaren
enleadas nunha urdime patriarcal.
O
fío faise ferramenta de creatividade e do desenvolvemento persoal. O
tecido é o resultado dun movemento das mans que transforman a
materia ao longo dun tempo. É ese tecido/encaixe, unha canle
elegante entre homes e mulleres de libre pensamento, de mulleres e
homes sen prexuízos.
A
paciencia, ese tempo sen culpabilidade, permítenos, enfrontadas ao
oficio, desenvolver un proxecto que transcenda á mera utilidade, ao
mero artificio, aos saberes preconcebidos. O encaixe: tempo,
paciencia, técnica, conciencia, proxecto, convértese nunha linguaxe
de loita fronte os canones dominantes, de loita por cuestionar o
establecido, de construción dunha crenza e dunha vontade de cambio.
O
encaixe que nós concebimos, o que aprendemos e practicamos,
transfórmase nun relato silente dun cambio na arte téxtil; un
cambio que sexa quen de acadar a concordia co pasado, de unir
racional e creativamente tradición e futuro.
3. “É encaixe”
3. “É encaixe”
A
exposición amosa con humildade pero con firmeza e confianza, a nosa
proposta de que as mans que tecen estes fíos --que se ancoran nos
saberes pasados para traspasalos coa forza da heterodoxia, do
coñecemento e da creatividade-, abran novas canles de comunicación
e unha nova visión da arte téxtil galega.
É
Encaixe, é unha
proposta de ruptura cos prexuízos, tan presentes no mundo da nosa
artesanía, que establecen como dogma que unhas belas mans de muller
só poden reproducir o establecido.
¡Pasen
e vexan!
Marian Núñez, comisaria da exposición, é mestra da especialidade de Deseño e encaixe de Palillos da Escola Municipal de Artes e Oficios (EMAO) dende hai quince anos. Artista plástico. Estudou Encaixe en Puy-en-Velay (Francia) e Deseño Gráfico Publicitario e Industrial. Traballou durante catro anos en publicidade en Francia, Holanda, Bélxica e Portugal, ata que un día decidíu regresar a Vigo e adicarse á súa outra gran paixón: o encaixe de palillos.
Marian Núñez, comisaria da exposición, é mestra da especialidade de Deseño e encaixe de Palillos da Escola Municipal de Artes e Oficios (EMAO) dende hai quince anos. Artista plástico. Estudou Encaixe en Puy-en-Velay (Francia) e Deseño Gráfico Publicitario e Industrial. Traballou durante catro anos en publicidade en Francia, Holanda, Bélxica e Portugal, ata que un día decidíu regresar a Vigo e adicarse á súa outra gran paixón: o encaixe de palillos.
Foi
incluída en The San Miguel Rich List 2018, o único ranking mundial
de mulleres e homes que destacan polas súas experiencias vitais e
non polas súas posesións.
Ningún comentario:
Publicar un comentario