ESCOLA MUNICIPAL DE ARTES E OFICIOS DE VIGO
CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA CURSO 2019-20
ACCESO POR CONVALIDACIÓN A CURSOS SUPERIORES
Habida conta da existencia de vacantes nos niveis de Perfeccionamento I e II (mañás) e Curso Superior das especialidades de Cerámica artística, Artesanía en coiro, Deseño e encaixe de Palillos, Talla e escultura en madeira, Encadernación e CAIM Gaita e Zanfona, realízase unha convocatoria extraordinaria de matrícula, conforme ás seguintes
BASES
1. Requisitos dos/as solicitantes
a) As persoas solicitantes deberán acreditar, polos medios que se recollen nesta convocatoria, ter a competencia abonda para poder convalidar os coñecementos e aptitudes propios dos niveis Básico e/ou Medio da especialidade dada na EMAO.
Esta acreditación poderá facerse cumprindo un ou varios dos seguintes requisitos:
- Estudos previos acreditados da especialidade ou disciplinas afíns convalidables en calquera centro
- Ter aprobado o curso básico da especialidade no seu día na EMAO sen rematar o restos dos niveis
- Ter experiencia demostrable no sector correspondente á especialidade
- Non poderán acceder persoas matriculadas no curso 2019-20 na EMAO
b) De xeito excepcional poderán solicitar a súa admisión extraordinaria na especialidade de Deseño e encaixe de Palillos, os/as alumnos/as que remataron os estudos desta especialidade no curso 2018-19.
c) No caso de existiren máis solicitudes cá vacantes, terán preferencia, entre os que cumpran as condicións, aquelas persoas empadroadas en Vigo.
2.- Acreditación de cumprimento dos requisitos:
- En tódolos casos deberá presentarse un currículum vitae da persoa solicitante, salientando aqueles aspectos que teñan relación coa especialidade.
- Perfil profesional comprobable en redes sociais, se é o caso, indicando os enderezos de referencia en internet
- Os estudos previos con certificación do centro no que os cursaron, con indicación dos contidos do programa e horas totais.
- A experiencia acreditarase con informe do centro de traballo, taller artesano ou estudio na que a exerceran, con indicación do tipo de tarefas realizadas e tempo total.
3.- Solicitudes
Por correo electrónico, dirixido a emao@vigo.org, cos seguintes apartados obrigatorios:
- Asunto: Convocatoria extraordinaria nivel ___ da especialidade de ______
- Corpo da mensaxe:
- Nome e apelidos e DNI do/a solicitante
- “Solicita ser admitido/a no nivel de (indicar: Medio, Superior, Perfeccionamento I/mañás, Perfeccionamento II/mañás, na especialidade de _____________”
- Correo-e no que recibir as notificacións
A preinscrición poderase facer tamén presencialmente na oficina administrativa da EMAO, presentando a mesma documentación en papel.
4.- Listas de admitidos/as e alta na matrícula
O listado das persoas finalmente seleccionadas, con indicación da especialidade e nivel correspondente, publicaranse no taboleiro de anuncios da EMAO e no apartado correspondente á EMAO/Curso 2019-20 da web municipal.
As persoas seleccionadas deberán formalizar a súa matrícula definitiva na Unidade Administrativa da EMAO na semana do 2 ao 5 de decembro.
5.- Prazos
- Difusión da convocatoria: 19 de novembro.
- Presentación de solicitudes: do 19 ao 25 de novembro.
- Publicación (taboleiro de anuncios e páxina municipal en internet -vigo.org) da relación de persoas preinscritas: 26 de novembro.
- Selección e proba de acceso (se é o caso): 27-29 de novembro.
- Listado definitivo de persoas admitidas: 2 de decembro.
- Incorporación ás clases: semana do 2 ao 5 de decembro
Ningún comentario:
Publicar un comentario