Páxinas

19 de nov. de 2019

Convocatoria extraordinaria de matrícula na EMAO


ESCOLA MUNICIPAL DE ARTES E OFICIOS DE VIGO
CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA CURSO 2019-20
ACCESO POR CONVALIDACIÓN A CURSOS SUPERIORES


Habida conta da existencia de vacantes nos niveis de Perfeccionamento I e II (mañás) e Curso Superior das especialidades de Cerámica artística, Artesanía en coiro, Deseño e encaixe de Palillos, Talla e escultura en madeira, Encadernación e CAIM Gaita e Zanfona, realízase unha convocatoria extraordinaria de matrícula, conforme ás seguintes

BASES

1. Requisitos dos/as solicitantes

a) As persoas solicitantes deberán acreditar, polos medios que se recollen nesta convocatoria, ter a competencia abonda para poder convalidar os coñecementos e aptitudes propios dos niveis Básico e/ou Medio da especialidade dada na EMAO.
Esta acreditación poderá facerse cumprindo un ou varios dos seguintes requisitos:
  • Estudos previos acreditados da especialidade ou disciplinas afíns convalidables en calquera centro
  • Ter aprobado o curso básico da especialidade no seu día na EMAO sen rematar o restos dos niveis
  • Ter experiencia demostrable no sector correspondente á especialidade
  • Non poderán acceder persoas matriculadas no curso 2019-20 na EMAO

b) De xeito excepcional poderán solicitar a súa admisión extraordinaria na especialidade de Deseño e encaixe de Palillos, os/as alumnos/as que remataron os estudos desta especialidade no curso 2018-19.

c) No caso de existiren máis solicitudes cá vacantes, terán preferencia, entre os que cumpran as condicións, aquelas persoas empadroadas en Vigo.

2.- Acreditación de cumprimento dos requisitos:
  • En tódolos casos deberá presentarse un currículum vitae da persoa solicitante, salientando aqueles aspectos que teñan relación coa especialidade.
  • Perfil profesional comprobable en redes sociais, se é o caso, indicando os enderezos de referencia en internet
  • Os estudos previos con certificación do centro no que os cursaron, con indicación dos contidos do programa e horas totais.
  • A experiencia acreditarase con informe do centro de traballo, taller artesano ou estudio na que a exerceran, con indicación do tipo de tarefas realizadas e tempo total.
A EMAO poderá realizar, para a admisión definitiva, unha entrevista e/ou proba práctica aos solicitantes.

3.- Solicitudes

Por correo electrónico, dirixido a emao@vigo.org, cos seguintes apartados obrigatorios:
  • Asunto: Convocatoria extraordinaria nivel ___ da especialidade de ______
  • Corpo da mensaxe:
  • Nome e apelidos e DNI do/a solicitante
  • “Solicita ser admitido/a no nivel de (indicar: Medio, Superior, Perfeccionamento I/mañás, Perfeccionamento II/mañás, na especialidade de _____________”
  • Correo-e no que recibir as notificacións
Incluirase, en arquivo adxunto ao correo, o currículum vitae (no que se indicará, se é o caso, as referencias do perfil en internet) e copia escaneada dos méritos alegados.

A preinscrición poderase facer tamén presencialmente na oficina administrativa da EMAO, presentando a mesma documentación en papel.

4.- Listas de admitidos/as e alta na matrícula

O listado das persoas finalmente seleccionadas, con indicación da especialidade e nivel correspondente, publicaranse no taboleiro de anuncios da EMAO e no apartado correspondente á EMAO/Curso 2019-20 da web municipal.
As persoas seleccionadas deberán formalizar a súa matrícula definitiva na Unidade Administrativa da EMAO na semana do 2 ao 5 de decembro.

5.- Prazos
  • Difusión da convocatoria: 19 de novembro.
  • Presentación de solicitudes: do 19 ao 25 de novembro.
  • Publicación (taboleiro de anuncios e páxina municipal en internet -vigo.org) da relación de persoas preinscritas: 26 de novembro.
  • Selección e proba de acceso (se é o caso): 27-29 de novembro.
  • Listado definitivo de persoas admitidas: 2 de decembro.
  • Incorporación ás clases: semana do 2 ao 5 de decembro 
Convocatoria oficial e número de vacantes, prema aquí

Ningún comentario:

Publicar un comentario