26 de out. de 2018

Dana Rodríguez Justo, 1º Premio no Certame de Creadores Novos, Xuventude Crea 2018, na Especialidade de Deseño de Xoias. Parabéns!!!


Temos que felicitar a nosa antiga alumna de ourivaría, Dana Rodríguez Justo, polo éxito obtido no Certame galego de Creadores Novos, Xuventude Crea 2018, primeiro premio na especialidade de deseño de xoias.
Dana, estudou Belas Artes, e foi alumna da nosa Escola ata o curso pasado, forma parte dos grupos formados na especialidade de ourivaría por Sandra de Jesús.


As pezas gañadoras forman a colección "Atómico" Estas teñen unha gran complexidade técnica polo tipo de peches e polas estruturas de fío. Ademais cada fío leva moitos puntos de unión pois todas esas esferas están soldadas unha a unha. Tamén resulta complexo o prodemento de engaste da pedra debido á estrutura que rodea toda a montura. Unha dificultade que Dana resolveu con gran destreza. Parabéns, Dana!!!


Dende o día 23 de outubro unha exposición na Fundación Eugenio Granell mostra o traballo dos finalistas de deseño de xoias do programa Xuventude Crea.

Ningún comentario:

Publicar un comentario