A Diputación de Pontevedra e a denominación Rías Baixas convocan un
concurso de ideas para deseñar unha nomenclatura e unha imaxe que
identifique aos viños escumosos cara a súa promoción e
comercialización. Este proceso ábrese ao público en xeral e cada
candidato deberá presentar unha única proposta versátil con capacidade
de adaptarse en diferentes formatos e espazos e que deberá convivir con
outros logos e marcas da propia denominación.
Un único premio de 5.000 euros é o maior gancho deste concurso. Os interesados dispoñen ata o día 16 deste mes para presentar as súas propostas no rexistro xeneral da Diputación. Un xurado formado por técnicos da Diputación e da Universidade de Vigo resolverá o concurso.
A convocatoria xorde da necesidade de dispoñer dunha nomenclatura que simbolice a orixe, os matices e o carácter de Rías Baixas cara á comercialización dos viños escumosos.

Bases no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra , páx. 6 a 10.
Ningún comentario:
Publicar un comentario