Páxinas

14 de out. de 2014

Últimos Días para o Concurso de Ideas para o Deseño dunha Nomenclatura e Imaxe para os Viños Escumosos da Denominación de Orixe Rías Baixas


A Diputación de Pontevedra e a denominación Rías Baixas convocan un concurso de ideas para deseñar unha nomenclatura e unha imaxe que identifique aos viños escumosos cara a súa promoción e comercialización. Este proceso ábrese ao público en xeral e cada candidato deberá presentar unha única proposta versátil con capacidade de adaptarse en diferentes formatos e espazos e que deberá convivir con outros logos e marcas da propia denominación.
Un único premio de 5.000 euros é o maior gancho deste concurso. Os interesados dispoñen ata o día 16 deste mes para presentar as súas propostas no rexistro xeneral da Diputación. Un xurado formado por técnicos da Diputación e da Universidade de Vigo resolverá o concurso.
A convocatoria xorde da necesidade de dispoñer dunha nomenclatura que simbolice a orixe, os matices e o carácter de Rías Baixas cara  á comercialización dos viños escumosos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario