8 de xan. de 2020

Convocatoria Xaneiro 2020 Especialidades de Pintura, Debuxo, Serigrafía, Ourivaría e Moda


CURSO 2019-2020
XANEIRO 2020
CONVOCATORIA ESPECIALIDADES DE PINTURA, DEBUXO ARTÍSTICO, SERIGRAFÍA ARTÍSTICA, OURIVARÍA E MODA E CONFECCIÓN
ESCOLA MUNICIPAL DE ARTES E OFICIOS DE VIGO

0. NORMATIVA XERAL DE APLICACIÓN
A presente convocatoria realízase ao abeiro da Normativa do Plan de Estudos 2015 (PEEMAO2015), aprobada pola Xunta Reitora do Organismo Autónomo na súa sesión de 16/04/2015, que pode consultarse aquí, e posteriores modificacións aprobadas na sesión da Xunta Reitora de data 10/12/2015 e na sesión da Xunta de Goberno Local de data 29/04/2016. Así mesmo, é de aplicación o contido na Convocatoria Xeral do curso 2019-20 publicada na web municipal.
As normas alí contidas son de directa aplicación á presente convocatoria.

A. MATRÍCULA ALUMNADO NOVO INGRESO NAS ESPECIALIDADES DE DEBUXO ARTÍSTICO E PINTURA
As persoas para novo acceso admitidas nestas especialidades figuran na lista de Admisións conforme ao resultado do Sorteo realizado no mes de setembro de 2019 que está publicada na páxina web municipal.
As persoas seleccionadas deberán obrigatoriamente para seren admitidas, formalizar a súa matrícula, mediante a presentación na Oficina administrativa do impreso oficial que se poderá recoller na mesma. Con este impreso deberán aportar copia do DNI ou Pasaporte. O prazo para a formalización será do día 8 ao 13 de xaneiro de 2020.
A non formalización da matrícula en prazo, significará a inmediata baixa, e, consecuentemente, a praza será ofrecida ao/á/s solicitante/s que corresponda na lista de reserva derivada da aplicación dos resultados do sorteo ou probas de acceso (se é o caso).
A formalización da matrícula implica a plena aceptación polo alumno/a do Plan de Estudos 2015 (PEMAO2015), aprobado pola Xunta Reitora do Organismo Autónomo EMAO de 16/04/2015), e as modificacións correspondentes aprobadas pola Xunta Reitora e a Xunta de Goberno Local e demais normas de funcionamento vixentes.

B. INICIO DO CURSO DO ALUMNADO PROCEDENTE DE CURSOS ANTERIORES DAS ESPECIALIDADES DE PINTURA, DEBUXO ARTÍSTICO, OURIVARÍA, MODA E CONFECCIÓN E SERIGRAFÍA ARTÍSTICA
As clases das especialidades de referencia iniciaranse a partir do día 13 de xaneiro de 2020 no día e hora indicado no horario oficial da Especialidade recollido na Convocatoria Xeral do curso 2019-20.

C. PROBAS DE ACCESO ESPECIALIDADES DE OURIVARÍA E MODA E CONFECCIÓN
1. Conforme ás normas de acceso recollidas na Convocatoria xeral, publicáronse na páxina web municipal os listados de preinscritos/as nestas especialidades.
2. Para a selección e matrícula definitiva nestas especialidades, os/as preinscritos/as deberán realizar a correspondente proba de acceso, que terá lugar nas seguintes datas e horas:

  • Moda e Confección (acceso a curso Básico -tardes- e Iniciación -mañás):13 de xaneiro ás 16:00 h. Na Aula de Moda e Confección da EMAO
  • Ourivaría (acceso a curso Básico -tardes- e Iniciación -mañás): 14 de xaneiro ás 16:00 h. Na Aula de Ourivaría da EMAO
3. Contido das probas
As probas de acceso para as citadas especialidades terán dúas partes.
  • A primeira será un cuestionario no que o/a aspirante deberá cumprimentar preguntas xenéricas. Estas preguntas nunca serán referidas a cuestións técnicas sobre a especialidade. A valoración do cuestionario será global de 0 a 10.
  • A segunda parte será un exercicio práctico co material específico de cada especialidade, no que non se valorarán coñecementos específicos previos relativos á especialidade, senón conceptos, como habilidade, actitude, recursos e creatividade.
A nota final sairá da valoración conxunta do cuestionario e mais a proba práctica, e ponderarase de 0 a 10.
O tempo para realizar a proba de acceso a estas especialidades será aproximadamente de 30 minutos en total.
O/a aspirante presentarase no horario indicado co DNI e un bolígrafo.

D. MATRÍCULA E INICIO DO CURSO EN SERIGRAFÍA ARTÍSTICA
No caso da especialidade de Serigrafía artística, o alumnado matriculado no curso 2018-19 (curso que non se realizou na súa totalidade por baixa da mestra titular) poderá repetir no mesmo nivel no que estaba matriculado. As clases comezarán a partir 13 de xaneiro de 2020, no día e hora que corresponda segundo os horarios oficiais para o curso 2019-20 xa publicados.

E. HORARIOS DE ADMINISTRACIÓN E INFORMACIÓN
Lugar: Edificio principal da EMAO, rúa García Barbón, 5.
Horario: de 10 h. a 14 h., laborables de luns a venres (agosto, pechado)
Información: páxina web-EMAO
Correo electrónico: emao[arroba]vigo.org
Tfno.: 986228088

Ningún comentario:

Publicar un comentario