Escola Municipal de Artes e Oficios
CURSO 2019-2020
XANEIRO 2020
CONVOCATORIA PROBA DE ACCESO PARA O CURSO EXTRAORDINARIO
DA ESPECIALIDADE DE MODA E CONFECCIÓN
CURSO 2019-2020
XANEIRO 2020
CONVOCATORIA PROBA DE ACCESO PARA O CURSO EXTRAORDINARIO
DA ESPECIALIDADE DE MODA E CONFECCIÓN
0. NORMATIVA XERAL DE APLICACIÓN
A presente convocatoria realízase ao abeiro da Normativa do Plan de Estudos 2015 (PEEMAO2015), aprobada pola Xunta Reitora do Organismo Autónomo na súa sesión de 16/04/2015, que debe consultarse aquí, e posteriores modificacións aprobadas na sesión da Xunta Reitora de data 10/12/2015 e na sesión da Xunta de Goberno Local de data 29/04/2016. Así mesmo, é de aplicación o contido na Convocatoria Xeral do curso 2019-20 publicada na web municipal.
As normas alí contidas son de directa aplicación á presente convocatoria.
A. PROBAS DE ACCESO CURSO EXTRAORDINARIO DRAPEADOS E LENZARÍA (MODA E CONFECCIÓN)
1. Na convocatoria xeral publicada convocábase o curso extraordinario denominado "Drapeados e lenzaría (Moda e Confección) para celebrarse en dous grupos de martes e xoves de 16:00 a 21:00 h.
Conforme ás normas de acceso recollidas na Convocatoria xeral, publicáronse na páxina web municipal os listados de preinscritos/as nesta especialidade.
2. Para a selección e matrícula definitiva nestes cursos, os/as preinscritos/as deberán realizar a correspondente proba de acceso, que terá lugar na seguinte datas e horas:
- Moda e Confección extraordinario grupos martes e xoves: 14 de xaneiro ás 17:00 h. na aula de Moda e Confección da EMAO
A proba de acceso para os citados cursos terá dúas partes.
- A primeira será un cuestionario n que o/a aspirante deberá cumprimentar preguntas específicas da especialidade para demostrar os coñecementos previos esixidos na convocatoria. A valoración do cuestionario será global de 0 a 10.
- A segunda parte será un exercicio práctico con material específico de costura, que será aportado polo/a aspirante, no que non se valorará aptitude básica na disciplian esixida na convocatoria. A puntuación será de 0 a 10.
- A nota final sairá da valoración conxunta do cuestionario e mais a proba práctica, ponderándose o 70% a primeira parte (cuestionario) e 30% a segunda (práctica)
O tempo para realizar a proba de acceso a estas especialidades será aproximadamente de 60 minutos en total.
O/a aspirante presentarase no día e horario indicado co material de costura citado, DNI e un bolígrafo.
B. HORARIOS DE ADMINISTRACIÓN E INFORMACIÓN
Lugar: Edificio principal da EMAO, rúa García Barbón, 5. 36201Vigo
Horario: de 10 h. a 14 h., laborables de luns a venres (agosto, pechado)
Información:
- Web-EMAO
- Correo electrónico
- Tfno.: 986228088
Ningún comentario:
Publicar un comentario