23 de xan. de 2014

VII Premio Internacional Compostela ao Mellor Álbum Ilustrado


 
O CONCELLO DE SANTIAGO E KALANDRAKA CONVOCAN O VII PREMIO INTERNACIONAL COMPOSTELA DOTADO CON 9.000 EUROS AO MELLOR ÁLBUM ILUSTRADO
O prazo de recepción de traballos acaba o 7 de marzo e o fallo do xurado coñecerase a primeira quincena de abril
O Departamento de Educación do Concello de Santiago e Kalandraka Editora convocan o VII Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados, cunha dotación económica única de 9.000 euros en concepto de adianto polos dereitos de autor. O prazo de presentación dos traballos rematará o vindeiro 7 de marzo e o fallo do xurado darase a coñecer durante a primeira quincena de abril, no marco do Mes del Libro e das actividades da XIV Campaña de Animación á Lectura do Concello de Santiago.

Ningún comentario:

Publicar un comentario