15 Oct 2013
EMAO, Escola Municipal de Artes e Oficios - Vigo
6€
EMAO, Escola Municipal de Artes e Oficios - Vigo
6€
Cun concerto de Steve Gunn comezará o Festival Sinsal 11 Outono, que se repartirá entre Vigo e Santiago de Compostela. Guitarrista, compositor e cantautor asentado en Nova York, Steve Gunn
comeza a destacar como un intérprete de guitarra sobresaliente en
proxectos entre os que despuntan os Violators de Kurt Vile ou o dúo
Gunn-Truscinsky. En solitario Steve Gunn é capaz de conxugar influencias
tan diversas como a psicodelia ou a Americana, sempre desde un prisma
aberto e baseado na canción e nos ritmos hipnóticos de guitarra. O seu
último disco, Time Off, é unha auténtica lección magistral na que a
súa voz suave, sen estridencias, baila en perfecto equilibrio cuns sones
de guitarra que enchen as melodías como unha base perfecta que non fai
desexar outros arreglos. Steve Gunn é a historia viva da guitarra en
Norteamérica.
Ningún comentario:
Publicar un comentario