Hoxe, 14 de marzo ás 19:30, na hemeroteca temos a conferencia de Elena Ojea "Os impactos do cambio climático na pesca, como nos podemos adaptar?". Organiza Instituto de Estudos Vigueses ,
Universidade de Vigo e
Concello de Vigo.
O
Instituto de Estudos Vigueses, en colaboración coa Universidade e o
Concello de Vigo, organiza o Fórum IEV 2019, un ciclo de conferencias
que arrancou en xaneiro e se prolongará ata o vindeiro mes de decembro.
Este mes a conferencia corre a cargo de Elena Ojea, investigadora principal do grupo de investigación Future Oceans Lab da Universidade de Vigo, que ofrecerá o relatorio Os impactos do cambio climático na pesca, como nos podemos adaptar?
Na súa intervención, a experta explicará como o cambio climático está a
ter efectos nos océanos que afectan a actividades como a pesca
artesanal e industrial, ao tempo que fará un repaso ao coñecemento
actual sobre os cambios no mar e as repercusións destes cambios para a
pesca. Neste escenario, revisará tamén que di a ciencia sobre como a
sociedade se pode adaptar.
Lugar: Escola Municipal de Artes e Oficios (EMAO) García Barbón nº 5
Entrada:
De balde
Non é necesaria reserva.
Ningún comentario:
Publicar un comentario