CONVOCATORIA DO CURSO MONOGRÁFICO
APROXIMACIÓN ÁS TÉCNICAS DECORATIVAS EN COIRO
Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo
Dentro da programación prevista no Plan de Estudos da Escola Municipal de Artes e Oficios (PEMAO15), faise a Convocatoria do seguinte curso monográfico aberto ás persoas interesadas que non estean matriculadas no curso 2018-19 na EMAO e que cumpran os requisitos que se indican:
Aula Artesanía en Coiro: Aproximación ás técnicas decorativas en coiro
Impartido por Pepe Pereira Somoza , mestre da especialidade de Artesanía en coiro na EMAO
Destinatarios: Aberto ao público interesado no traballo do Coiro. Non é necesario ter experiencia. Non poderán estar matriculados en ningunha especialidade da EMAO no curso 2018-19
Datas: do 10 de abril ao 12 de xuño de 2019, mércores non festivos de 10,00h a 14,00h.
Duración: 30 horas (7 sesións)
Obxectivo: As técnicas decorativas aplicadas no coiro teñen unha longa tradición na nosa Escola, pretendemos con este curso facer unha pequena introdución histórica a cada unha das técnicas que imos empregar e coñecer a súa aplicación, os materiais máis axeitados para cada unha e as ferramentas propias.
Coñeceremos técnicas decorativas para aplicar no coiro e outras para facer pezas decorativas con coiro, mediante a elaboración de pequenas mostras que se poderán empregar a posteriori para elaborar pezas.
Programa:
Repuxado.
Labrado.
Estampado.
Texturas.
Costuras decorativas
Modelado.
Trenzado
Tallado
Material a aportar polo alumnado: Tireta de coiro, agullas e burís para repuxar.
CONDICIÓNS DE MATRÍCULA E ADMISIÓN
Datas: do 10 de abril ao 12 de xuño de 2019, mércores non festivos de 10,00h a 14,00h.
Lugar: Aula de Artesanía en Coiro da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo
Prazas limitadas: 15 persoas
Inscripción:
Gratuíta. Mediante envío de correo electrónico ao enderezo emao@vigo.org, cos seguintes datos (imprescindibles)
- Asunto: Solicitude inscripción Curso “Aproximación ás técnicas decorativas en coiro”
- Corpo da mensaxe:
- Nome e apelidos do/a solicitante e DNI
- Enderezo de correo electrónico no que desexan recibir a confirmación de admisión, se é o caso.
Prazo: ata o 5 de abril de 2019
- Non poderán inscribirse as persoas que estean matriculadas na EMAO no curso 2018-2019
- Só se admiten persoas maiores de 16 anos.
- Só serán válidas as solicitudes que cumpran estrictamente as condicións indicadas nesta convocatoria
- A inscrición farase por estricta orde de recepción do correo electrónico de solicitude ata cubrir o máximo de prazas ofertadas.
- A confirmación da matrícula realizaráa a EMAO exclusivamente por correo electrónico. No caso de producírense vacantes no primeiro día do curso, convocarase aos reservas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario