Este fin de semana tivo lugar en Pontevedra unha nova edición de Culturgal, a Feira das Industrias Culturais. Unha oitava edición para facer da cidade de Pontevedra
un lugar de encontro confortable, eficiente e novedoso con centos de
liñas cruzadas entre públicos, expositores, creación, difusión,
institucións, participación, venda, distribución, formación…Tres días de
referencia para todas as persoas que fan parte diaria da actividade
cultural en Galicia.
Nesta edición tres mestres desta Escola tiveron unha participación moi activa, Federico Fernández fixo as delicias do númeroso público infantil na presentación do seu último traballo "Balea" xunto con Germán González.
Por outro lado tamén dentro do Pazo da Cultura de Pontevedra pódese visitar ata o 10 de xaneiro a exposición "Somos espazo: simbioses entre arte e arquitectura" comisariada por Paula Cabaleiro e Antón Sobral na que participan Rosa García e Paula Mariño.
Ningún comentario:
Publicar un comentario