27 de nov. de 2014

Culturgal 2014, a Feira das Industrias Culturais


Xa quedan poucos días para que Culturgal 2014, a feira das industrias culturais, abra ás súas portas. Do venres 5 ao domingo 7 de decembro, nas instalacións do Pazo da Cultura de Pontevedra desenvolveranse 150 actividades dos máis diversos ámbitos da cultura galega: literatura, música, artes escénicas, cinema, novas tecnoloxías, artes plásticas e visuais, gastrocultura... Tres días moi intensos para a nosa lingua e para
a nosa cultura nos que públicos diversos, dende os picariños en cueiros até os profesionais e programadores, terán a oportunidade de coñecer as novidades máis recentes que presentan 70 expositores dos diferentes eidos da nosa cultura. Tres xornadas para compartir e gozar do entusiasmo dunhas industrias culturais que lonxe de calquera conformismo constrúen nun entorno moi difícil o seu proxecto dende a corresponsabilidade e a autoestima.

Ningún comentario:

Publicar un comentario