21 de nov. de 2016

Exposición Proxectos 2016: Debuxo artístico

Continuamos adiantando fichas do catálogo da nosa exposición:


DEBUXO ARTÍSTICO
Crisanto Sanmartín 
O debuxo nas artes escénicas galegas
Acuarela e Pilot sobre papeis de diversas gramaxes
Unha serie de debuxos creados a partir de fotografías da época, collages destas fotografías e creacións da propia inventiva e recordos do autor.
Collendo elementos que configuran as artes escénicas galegas representadas a maioría delas nas décadas dos 50 e 60 do século pasado, como A lenda de Montelongo, Os vellos non deben de namorarse, O Fidalgo, Danzas populares, etc.., trátase, a través do debuxo, de abrir unha vía de investigación, interpretativa e particular do propio autor, xa que formou parte de grupos como Cantigas e Agarimos, Ditea e Coros y Danzas de España, que representaron algún destes temas nesa época.




DEBUXO ARTÍSTICO
Rosa Rodríguez Seoane
Diatomeas, Coccolithofhoros y Dinoflagelados
Pedras e material de desfeita recollido na beira do mar, pintado con pigmente fosforecente

Os debuxos desta instalación están inspirados en tres tipos de microalgas mariñas: Diatomeas, Coccolithofhoros e Dinoflaxelados. Das primeiras chamoume a atención a diversidade de formas, a diferencia dos coccolithophoros, cuxa morfoloxía en esferas é extraordinaria pero homoxénea. Cos dinoflaxelados descubrín os efectos fosforescentes da bioluminiscencia.
As pedras pulidas que o mar volta á praia parecéronme o soporte ideal para plasmar estas microalgas. Ao longo de moitos días, despois de cada temporal e asistida pola atracción gravitatoria do sol e a lúa sobre o mar, descubrín centos de obxectos sobre a area e as rochas, coma pequeniños anacos de barro que nalgún momento foran tixolos… día tras día funos recollendo ata formar este puzzle. Os efectos dos cambios de luz conclúen este traballo.

 

1 comentario:

  1. Alucinante como plasma Rosa Seoane las propiedades de los organismos que son el fuel de la cadena trofica: el fitoplancton marino que produce luz, cristal y tiza. Bravo!!!

    ResponderEliminar