SERIGRAFÍA
ARTÍSTICA
Esther
arjona lópez
Sons
da emao
2
tintas sobre papel royal talens blanco
Conxunto
de caixa e postais serigrafiadas a man. Anverso: ilustracións de
instrumentos musicais da tradición galega construídos na EMAO.
Envés: código escaneable para escoitar o son de cada instrumento.
Caixa
de postais serigrafiadas coa temática de instrumentos musicais
tradicionais galegos que ademáis do seu carácter visual se pode oír
unha gravación sonora de cada instrumento mediante descarga con
código QR.
SERIGRAFÍA
ARTÍSTICA
Aarón
Sanromán
Diovivo
Técnica
mixta. Serigrafía con resina epoxi e metacrilato líquido,
catalizador, verrniz UVI. Estarcido e acabado final a mano con verniz
cristal 3D. Soporte de papel con imprimación acrílica negra mate.
“En
Galicia a chuvia é arte” (Siniestro Total)
O
proxecto trata o tema da paisaxe galega a través dunha ventá que
nos deixa ollar a chuvia coma espectadores dunha viaxe no tempo, onde
os diferentes tipos de chuvia, e as máis de 100 palabras que temos
na nosa terra para definila, serven para narrar de forma atemporal o
sentimento e a historia da nosa terra coma elemento documental.
Cadansúa
ventá é representativa dun tipo de chuvia, sen unha orde aparente
ao igoal cá capacidade caótica do noso clima de se alterar e
cambiar. Os tipos de chuvia que se representan son os seguintes (de
esquerda a dereita):
1.
Boubizo:
chuvia miúda e pouco intensa
2.
Morriña:
chuvia miúda e persistente
3.
Dioivo:
chuvia abundante e intensa
4.
Orballo:
chuvia fina e persistente
5.
Zarrapallada:
chuvia miúda e intermitente
6.
Treboada:
tromba de auga forte e intensa
SERIGRAFÍA
ARTÍSTICA
Emilia
Pereiro Riveira
Herbarius
umbrarum
Serigrafía sobre
papel
Herbarius
umbrarum é unha selección de serigrafías feitas a partir de
plantas recollidas na cidade de Vigo e arredores. Cada serigrafía
pretende capturar a sombra dunha planta que deriva nunha figura
única. Con este proxecto preténdese representar e simplificar as
formas das plantas pero tamén salientar a súa fraxilidade e
elegancia.
Unha
planta é un ser vivo efémero no tempo; para a súa conservación e
futuro estudio utilízase o método do herbario que consiste en
recolectar, prensar e secar especimes para a súa clasificación. Sen
embargo, mediante a serigrafía pódese multiplicar a súa impronta
de xeito indefinido para que perdure.
Trátase
dun proxecto de experimentación coa técnica do reporte directo
creando un catálogo coas estampas dos especimes botánicos
recollidos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario