Páxinas

2 de dec. de 2016

Exposición Proxectos 2016. Serigrafía artística (1)

Do catálogo da Exposición Proxectos 2016


SERIGRAFÍA ARTÍSTICA
Esther arjona lópez
Sons da emao
2 tintas sobre papel royal talens blanco

Conxunto de caixa e postais serigrafiadas a man. Anverso: ilustracións de instrumentos musicais da tradición galega construídos na EMAO. Envés: código escaneable para escoitar o son de cada instrumento.
Caixa de postais serigrafiadas coa temática de instrumentos musicais tradicionais galegos que ademáis do seu carácter visual se pode oír unha gravación sonora de cada instrumento mediante descarga con código QR. 
 


SERIGRAFÍA ARTÍSTICA
Aarón Sanromán
Diovivo
Técnica mixta. Serigrafía con resina epoxi e metacrilato líquido, catalizador, verrniz UVI. Estarcido e acabado final a mano con verniz cristal 3D. Soporte de papel con imprimación acrílica negra mate.

En Galicia a chuvia é arte” (Siniestro Total)
O proxecto trata o tema da paisaxe galega a través dunha ventá que nos deixa ollar a chuvia coma espectadores dunha viaxe no tempo, onde os diferentes tipos de chuvia, e as máis de 100 palabras que temos na nosa terra para definila, serven para narrar de forma atemporal o sentimento e a historia da nosa terra coma elemento documental.
Cadansúa ventá é representativa dun tipo de chuvia, sen unha orde aparente ao igoal cá capacidade caótica do noso clima de se alterar e cambiar. Os tipos de chuvia que se representan son os seguintes (de esquerda a dereita):
1. Boubizo: chuvia miúda e pouco intensa
2. Morriña: chuvia miúda e persistente
3. Dioivo: chuvia abundante e intensa
4. Orballo: chuvia fina e persistente
5. Zarrapallada: chuvia miúda e intermitente
6. Treboada: tromba de auga forte e intensa

 
SERIGRAFÍA ARTÍSTICA
Emilia Pereiro Riveira
Herbarius umbrarum
Serigrafía sobre papel
Herbarius umbrarum é unha selección de serigrafías feitas a partir de plantas recollidas na cidade de Vigo e arredores. Cada serigrafía pretende capturar a sombra dunha planta que deriva nunha figura única. Con este proxecto preténdese representar e simplificar as formas das plantas pero tamén salientar a súa fraxilidade e elegancia.
Unha planta é un ser vivo efémero no tempo; para a súa conservación e futuro estudio utilízase o método do herbario que consiste en recolectar, prensar e secar especimes para a súa clasificación. Sen embargo, mediante a serigrafía pódese multiplicar a súa impronta de xeito indefinido para que perdure.
Trátase dun proxecto de experimentación coa técnica do reporte directo creando un catálogo coas estampas dos especimes botánicos recollidos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario