"O Bosquexo do Mundo"
13 Marzo 2014 - 25 Maio 2014
Comisarios:
Ángel Cerviño, Alberto González-Alegre
Artistas:
Marta Bran, Berta Cáccamo, Bosco Caride, Rosendo
Cid, Tamara Feijoo, Beatriz Lobo, Juan Loeck, Rut Massó, Din Matamoro,
Chelo Matesanz, Santiago Mayo, Tatiana Medal, Miquel Mosquera, Doa
Ocampo, Kiko Pérez, Ignacio Pérez-Jofre, Isaac Pérez Vicente, Juan
Carlos Román, Luis Seoane, Teo Soriano, Tayone, Mauro Trasto.
Este xoves 13 de marzo, inaugúrase na Fundación Luis Seoane (A Coruña) a exposición "O BOSQUEXO DO MUNDO". Unha mostra colectiva comisariada por Ángel Cerviño e Alberto González-Alegre e coproducida polo MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo, o Auditorio de Galicia e a Fundación Luis Seoane, que ofrece a posibilidade dunha visita a ese crisol de formas que é o taller do artista, e trae ao museo un conxunto de útiles e documentos, tamén obras e os seus antecedentes que, como pezas dun crebacabezas en perpetuo movemento, proporciona sustento e alimenta as creacións. Unha aposta polas mostras de produción propia extensible aos tres centros, como nova experiencia de coprodución e de traballo en rede.
Ningún comentario:
Publicar un comentario