Páxinas

10 de out. de 2012

Espazo EMAO: exposición "Conexión inexplicable"

Espazo EMAO a Sala de exposicións da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo. (Entradas pola rúa Pontevedra e Rosalía de Castro)
11 de outubro ao 8 de novembro de 2012 Luns a venres de 19 a 21 horas
Acto de apertura: 11 outubro ás 19 horas  

Maria K (1980) FOTOGRAFÍA Finlandia 
Antía Sánchez (1975) PINTURA Galicia
Conexión inexplicable é un proxecto común entre a fotógrafa finlandesa Maria Kärkkäinen e a artista española Antía Sánchez. A súa orixe lévanos ao ano 2003, momento no que as autoras intercambian as súas residencias ao disfrutaren dunha bolsa Erasmus: Maria en Pontevedra e Antía en Kuopio (Finlandia). Esta experiencia márcaas fondamente, pero non será ata o outono de 2009 cando perciban que existe un nexo de unión entre os diferentes proxectos artísticos que ámbalas dúas desenvolveron ao longo destes anos: unha linguaxe poética e narrativa que nace intuitivamente conectando natureza e cultura. Neste período xorde o desexo de compartir intereses e inquedanzas, proxectos e procesos, entrelazándose as dúas disciplinas. Pintura e fotografía reinvéntanse desprendéndose da súa identidade para conectárense, interactuaren entre si, multiplicando significados e complexidade. O proxecto desenvólvese na distancia, converténdose nunha viaxe virtual de imaxes e pensamentos no que a informática e os medios de comunicación foron tan fundamentais como a cámara fotográfica ou o pincel. 
Este diálogo artístico que se deu cita por primeira vez baixo o título Imaxes postais, exposición que tivo lugar en Helsinki en 2011, amosa agora a súa evolución presentándose en Galicia, no Espazo EMAO.

Ningún comentario:

Publicar un comentario