11 de outubro ao 8 de novembro de 2012 Luns a venres de 19 a 21 horas
Acto de apertura: 11 outubro ás 19 horas
Maria K (1980) FOTOGRAFÍA Finlandia
Antía Sánchez (1975) PINTURA Galicia
Conexión
inexplicable é un proxecto común entre a fotógrafa finlandesa Maria
Kärkkäinen e a artista española Antía Sánchez. A súa orixe lévanos ao
ano 2003, momento no que as autoras intercambian as súas residencias ao
disfrutaren dunha bolsa Erasmus: Maria en Pontevedra e Antía en Kuopio
(Finlandia). Esta experiencia márcaas fondamente, pero non será ata o
outono de 2009 cando perciban que existe un nexo de unión entre os
diferentes proxectos artísticos que ámbalas dúas desenvolveron ao longo
destes anos: unha linguaxe poética e narrativa que nace intuitivamente
conectando natureza e cultura. Neste período xorde o desexo de compartir
intereses e inquedanzas, proxectos e procesos, entrelazándose as dúas
disciplinas. Pintura e fotografía reinvéntanse desprendéndose da súa
identidade para conectárense, interactuaren entre si, multiplicando
significados e complexidade. O proxecto desenvólvese na distancia,
converténdose nunha viaxe virtual de imaxes e pensamentos no que a
informática e os medios de comunicación foron tan fundamentais como a
cámara fotográfica ou o pincel.
Este diálogo artístico que se deu cita por primeira vez baixo o título Imaxes postais, exposición que tivo lugar en Helsinki en 2011, amosa agora a súa evolución presentándose en Galicia, no Espazo EMAO.
Este diálogo artístico que se deu cita por primeira vez baixo o título Imaxes postais, exposición que tivo lugar en Helsinki en 2011, amosa agora a súa evolución presentándose en Galicia, no Espazo EMAO.
Ningún comentario:
Publicar un comentario