ESTRATEXIAS
VISUAIS DA PERSUASIÓN
HISTORIA DO CARTEL
Impartido por: Tonecho Otero
23 de febreiro e 2, 9,16 e 23 de marzo de 2013
Sábados de 17.30 a 19.30 horas
HISTORIA DO CARTEL
Impartido por: Tonecho Otero
23 de febreiro e 2, 9,16 e 23 de marzo de 2013
Sábados de 17.30 a 19.30 horas
10
horas presenciais en 5 sesións de 2 horas
Organiza: Museo Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa
O
curso “Estratexias visuais da persuasión” abordará de forma
visual e creativa a Historia do Cartel, desde as súas orixes
no século XIX ata a actualidade. Para iso non se seguirá unha
rigorosa orde cronolóxica, senón que se trazarán diferentes
liñas temáticas, con carácter evolutivo, que permitirán
partir dos primeiros prototipos ata a sua pervivencia na
actualidade. Analizaranse tanto os aspectos formais do deseño
gráfico (e tipográfico) como os conceptuais, as estratexias de
persuasión. Incidirase na relación entre Arte e Cartel, as
influencias recíprocas da pintura, a fotografía (e o
fotomontaxe) e das novas manifestacións artísticas en relación
coas novas estratexias de marketing viral e ambient media.
Gran parte do curso centrarase na evolución do cartel a través
da análise das técnicas creativas máis utilizadas e eficaces. Máis información
Ningún comentario:
Publicar un comentario