Páxinas

10 de xul. de 2013

X Curso de Formación Continua. Literaturas Infantís e Xuvenís Ibéricas e Iberoamericanas

Federico Fernández na Entrega de Diplomas

Mañá, xoves 11 de xullo, a partir das 9:00 e ata ás 11:30, participara nunha conversa con Isabel Mociño e Laura Blanco noso mestre de debuxo Federico Fernández,  xunto con outros ilustradores como Pablo Otero e Ramón Trigo, baixo o título "A Editorial Kalandraka e os premios". Esta participación inscríbese dentro do programa parte presencial do "Curso de Formación Continua. Literaturas Infantís e Xuvenís Ibéricas e Iberoamericanas". O lugar será na Biblioteca Novacaixagalicia (Frei Rosendo Salvado, 14-16/ 15701. Santiago de Compostela.
O presente curso ten como finalidade formar e informar o alumnado participante dunha temática, as Literaturas Infantís e Xuvenís dos ámbitos lingüísticos ibéricos e iberoamericanos, xeralmente excluída, ou pouco ofertada, nos planos de estudo das licenciaturas, diplomaturas e graos e, con todo, dunha transcendencia fundamental en ámbitos básicos como a formación lectora e a expresión escrita na sociedade das Tecnoloxías da Información e Comunicación ( TICs ). Analízanse estas literaturas desde un enfoque comparativo para dar a coñecer que axentes literarios se presentan máis débiles en cada ámbito lingüístico . Nesta edición, o tema específico a tratar é “PREMIOS LITERARIOS E DE ILUSTRACIÓN".

Ningún comentario:

Publicar un comentario