A Asociación de Gaiteiros Galegos (AGG) organizan a Mostra de Instrumentos de Música Tradicional de Pardiñas 2013, que este ano celebra o seu XX aniversario.
Este evento, que constitúe unha das mostras de luthería máis antigas da península e que congrega cada ano a numerosos artesáns do país para mostrar o seu traballo ao público, terá lugar os días 3 e 4 de Agosto, no marco incomparable do Festival de Pardiñas (Guitiriz - Lugo)
Ningún comentario:
Publicar un comentario