Páxinas

10 de set. de 2013

O Halcón Milenario Presenta Unha Nova Exposición: Don Rogelio J

 
O vindeiro venres día 13 de setembro a partir das 20:30, o Halcón Milenario presenta a Don Rogelio J, artista valenciano que leva varios anos traballando no campo da ilustración, o debuxo, a cartelería e a edición gráfica.
Todo o seu universo creativo está fuertemente relacionado co mundo da música, onde de forma simultánea desenvolve o proxecto Tomba Swing, monobanda composta e liderada por el mesmo, que afunde as súas raíces no blues e no rock and roll máis primitivo.
Baixo o nome de Edicións Calamidade, Don Rogelio autoeditou un par de volumes de debuxos co título de "Retratos das miñas influencias musicais", varios libros de cartelería ademais de discos das Rodilleras e de Tumba Swing. Colaborou con Diego Rj nun par de programas do Sotano en Radio 3.
A exposición poderase ver só os venres do mes de setembro e o primeiro de outubro ( días 13, 20, 27 e 4) en horario de 20:30 a 23:30.

Ningún comentario:

Publicar un comentario