Hoxe, 11 de setembro de 2013, ás 9:30, tivo lugar o sorteo público para os cursos da Escola Municipal de Artes e Oficios, de conformidade coa información públicada na páxina web da Emao e no taboleiro de anuncios. O acto contou coa prencia do Director da Escola, Rafael Ojea Pérez, o Xefe de Estudos, Xosé Feixó Cid, a Secretaria da Xunta Reitora, Mª Concepción Campos Acuña e o Auxiliar Administrativo, Francisco Torres Rodríguez. Realizou a extración das bolas Mª José González López, asistente ao sorteo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario