Atravesamos un bo momento para o intercambio libre de información e
coñecementos. Hai uns días a fundación J. Paul Getty de Los Angeles (EE UU)
inaugurou unha biblioteca virtual aberta con 250 libros de arte
dixitalizados en alta resolución. Seguiulle a Wellcome Collection de
Londres (Reino Unido), que colgou en Internet 100.000 imaxes de uso libre. Agora chega Europeana, a gran biblioteca virtual paneuropea, que
anuncia o lanzamento da segunda versión da súa aplicación gratuita, que
permite acceder a 350.000 imaxes en alta resolución. A app que se pode
baixar via Tunes ou Google Play está preparada para tabletas -aínda
non para smarthphones, pero é cuestión de días-, cargados con sistemas
Apple ou Android, ten código aberto para que calquera poida reutilizar a
aplicación ou modificala [aloxado nesta wiki] e vén cunha interfaz
traducida a sete idiomas (español, inglés, alemán, francés, holandés,
búlgaro e sueco). As imaxes poden ser utilizadas libremente, ata con
fins de lucro, en proxectos, traballos de investigación, blogs persoais e
todo o amplo etcétera que ao usuario ocórraselle. Máis Información
Ningún comentario:
Publicar un comentario