Baixo este título ofrécese ó público unha selección das xoias que
forman parte da colección do Museo de Pontevedra comprendidas entre a
Antigüidade e o século XX.
Exhíbense agrupadas en función dos seus usos e tipoloxías,
encontrándonos, entre outras, pezas de xoiaría tradicional, as
relacionadas coa maxia e a relixión, as de carácter sentimental, as de
loito, as xoias en miniatura, as condecoracións, os reloxos...
As xoias seleccionadas preséntanse acompañadas por fondos doutra
natureza (pinturas, miniaturas, debuxos, gravados, fotografías,
indumentaria, complementos de moda e obxectos decorativos) nos que, dun
modo ou outro, se ven reflectidos.
Do 31 de xaneiro ó 2 de marzo de 2014.
Ningún comentario:
Publicar un comentario