Páxinas

19 de mar. de 2014

Días Europeos da Artesanía 2014


Si es artesano, si traballas nunha entidade relacionada coas artes e os oficios, si es un centro de formación... anímache a organizar algunha actividade para promocionar a artesanía, o teu oficio e a túa empresa artesana no marco dos Días Europeos da Artesanía, que terán lugar do 4 ao 6 do próximo mes de abril. Trátase dun evento paraguas, promovido pola Fundación EOI-Fundesarte, baixo o que se acollen toda unha serie de actividades relacionadas co sector artesano: charlas, coloquios, exposicións, talleres, seminarios, mostras, feiras, etc.
A ferramenta principal dos Días Europeos da Artesanía é a web www.diasdelaartesania.es que serve tanto para que os organizadores de actividades rexistren os seus eventos (talleres abertos, circuítos, actividades, xornadas de portas abertas), como para que o público xeral consulte a programación.

Ningún comentario:

Publicar un comentario