Si es artesano, si traballas nunha entidade relacionada coas artes e os
oficios, si es un centro de formación... anímache a organizar algunha
actividade para promocionar a artesanía, o teu oficio e a túa empresa
artesana no marco dos Días Europeos da Artesanía, que terán lugar do 4
ao 6 do próximo mes de abril. Trátase dun evento paraguas, promovido
pola Fundación EOI-Fundesarte, baixo o que se acollen toda unha serie de
actividades relacionadas co sector artesano: charlas, coloquios,
exposicións, talleres, seminarios, mostras, feiras, etc.
A ferramenta principal dos Días Europeos da Artesanía é a web www.diasdelaartesania.es que serve tanto para que os organizadores de
actividades rexistren os seus eventos (talleres abertos, circuítos,
actividades, xornadas de portas abertas), como para que o público xeral
consulte a programación.
Ningún comentario:
Publicar un comentario