O próximo venres 16 de maio, inaugúrase na sala de Turismo Rias Baixas de Pontevedra a exposición de pintura Amarillo Primario da pintora viguesa Mayoya González. Ex alumna da escola de Artes e Oficios o seu paso polo curso de serigrafía supuso un antes e un despóis na sua traxectoria artística. Baixo a tutela do profesor Nelson Villalobos aprendeu a desenrolar unha obra coherente e intensa, un universo propio e auténtico que agora quere mostrar. Trátase dun feixe de obras realizadas a partir do aprendido na escola, lenzos, acrílicos, collages e serigrafías onde a cor e as composicións son os principais fíos condutores na obra.
Ningún comentario:
Publicar un comentario