Páxinas

15 de maio de 2014

Día Internacional do Museo 2014 no MARCO


Como cada ano dende 1977, o ICOM (Consello Internacional de Museos) invita aos museos do mundo enteiro a celebrar o Día Internacional do Museo, creado para promover o interese xeral pola xestión e as actividades dos museos e centros de arte. O lema para o DIM 2014 é "Os vínculos creados polas coleccións dos museos", que pretende renovar os métodos tradicionais de participación que implementaron os museos para manter vivo o interese do público. Os museos enfróntanse constantemente a cambios que os obligan a reformular o seu compromiso tradicional e atopar novas formas de accesibilidade e comunicación, no seu papel de relatores do patrimonio cultural e da memoria colectiva dunha comunidade.
O MARCO súmase a esta celebración e ofrece unha programación especial na fin de semana do 16 ao 18 de maio, con actividades para públicos de todas as idades, e amplía o seu horario coa apertura de salas o domingo pola tarde.

Ningún comentario:

Publicar un comentario