Tamén en Cascais atopamos "A Casa das Historias Paula Rego" un museo
dedicado ao coñecemento e o goce da obra de Paula Rego e as súas
conexións artísticas. Abriu as súas portas en setembro de 2009. O edificio foi deseñado polo arquitecto Eduardo Souto de Moura e gañou o
Premio Secil de Arquitectura 2011.
A Casa de Historias acolle unha
exposición permanente de obras de Paula Rego e dúas exposicións
temporais ao ano.
Ata o 26 de outubro pódese visitar a exposición "1961: Orde e Caos" que reúne un vasto conxunto de obras de Paula
Rego producido durante as décadas de 1960 e 1970, pretendendo
documentar e analizar o inicio do seu percorrido artístico e o impacto
no panorama portugués da época. As obras concibidas por Paula Rego durante estes anos remiten á
situación política do país, comentándoa de forma sarcástica e crúa.
Ademais das obras de Paula Rego, móstranse traballos doutros
artistas portugueses, que asumiron tamén unha postura crítica en
relación á situación política e á vida social e cultural do seu país, ao
mesmo tempo que desenvolveron unha linguaxe figurativa propia:
Bartolomeu Cid dos Santos e Eduardo Batarda. Esta exposición inclúe aínda obras de Victor Willing que evidencian a complicidade artística e vivencial
que estabeleceu con Paula Rego.
Moi, moi interesante!!!
Moi, moi interesante!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario