27 de ago. de 2014

Unha Visita á Casa das Histórias Paula Rego


Tamén en Cascais atopamos "A Casa das Historias Paula Rego" un museo dedicado ao coñecemento e o goce da obra de Paula Rego e as súas conexións artísticas. Abriu as súas portas en setembro de 2009. O edificio foi deseñado polo arquitecto Eduardo Souto de Moura e gañou o Premio Secil de Arquitectura 2011.  
A Casa de Historias acolle unha exposición permanente de obras de Paula Rego e dúas exposicións temporais ao ano. 
Ata o 26 de outubro pódese visitar  a exposición "1961: Orde e Caos" que reúne un vasto conxunto de obras de Paula Rego producido durante as décadas de 1960 e 1970, pretendendo documentar e analizar o inicio do seu percorrido artístico e o impacto no panorama portugués da época. As obras concibidas por Paula Rego durante estes anos remiten á situación política do país, comentándoa de forma sarcástica e crúa.
Ademais das obras de Paula Rego, móstranse traballos doutros artistas portugueses, que asumiron tamén unha postura crítica en relación á situación política e á vida social e cultural do seu país, ao mesmo tempo que desenvolveron unha linguaxe figurativa propia: Bartolomeu Cid dos Santos e Eduardo Batarda. Esta exposición inclúe aínda obras de Victor Willing que evidencian a complicidade artística e vivencial que estabeleceu con Paula Rego.
Moi, moi interesante!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario