O pasado sábado día 11 de outubro, inagurouse na Pinacoteca
Municipal "Francisco Fernández del Riego" (rúa Abeleira Menéndez, 8) a
exposición "Mario F. Granell. Morte e reencarnación dun pintor galego",
conmemorativa do centenario do seu nacemento. A exposición é unha
produción da Concellería de Cultura e Festas, comisariada por José
Ballesta de Diego, director do Museo Municipal "Quiñones de León" do
Pazo de Castrelos.
O Concello de Vigo presenta esta mostra monográfica da obra de Mario F.
Granell a través de máis de sesenta cadros procedentes de diversos
prestadores; documentos, fotografías... nunha das mostras máis
importantes do artista celebradas ata a data. Deste xeito quere render
sincero homenaxe a este gran pintor galego, falecido en Vigo, a súa
cidade de adopción, en 1991. A exposición estará aberta ao público ata o 17 de maio de 2015.
Ningún comentario:
Publicar un comentario