O acto, que contou coa asistencia de numeroso público, comezou cunha presentación a cargo de José Araújo, a intervención da protagonista das fotos, Araceli Paz e de Alberto Ardid,
o artifice deste proxecto "unha fotonovela". Trátase dunha obra
colectiva enmarcada dentro do programa Iniciativa Xove 2014 da Direción
Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar
da Xunta de Galicia.
A
fotonovela narra a historia dun conflicto social xurdido a finais dos
anos 70 en Galicia, no intre en que os primeiros nudistas empezan a
chegar á praia de Barra. Tanto o guión como as imaxes misturan sucesos
reais e documentados con tratamentos ficticios e desnaturalizados a
través das vivenzas dunha moza chamada Carmeliña da aldea de Nerga, en
Cangas.
Alberto falou, ademáis do resultado, do proceso de
realización da mesma e das dificultades coas que se atoparon no proceso
creativo.
Recordarvos que tanto Alberto como Araceli son alumnos de serigrafía artística na nosa Escola.
Ningún comentario:
Publicar un comentario