Onte, tivemos a sorte de ter na nosa hemeroteca a conferencia de Antón Pulido, artista de ampla traxectoria, pintor, gravador e profesor de debuxo e artes plásticas durante moitos anos no Instituto Álvaro Cunqueiro de Vigo. Desde o 25 de setembro ten unha exposición
no Centro Cultural Afundación de Vigo, «Antón Pulido. Antolóxica» que percorre a vida e obra do singular pintor.
Nacido nunha pequena aldea de Ourense en 1944, hoxe en día sitúase como
un dos artistas galegos máis influentes e destacados do momento. Pulido
está avalado por unha traxectoria artística que levou a súa obra desde
Toquio ata Nova York.
Ningún comentario:
Publicar un comentario