29 de out. de 2014

Imaxes da Conferencia de Antón Pulido na Hemeroteca de Artes e Oficios


Onte, tivemos a sorte de ter na nosa hemeroteca a conferencia de Antón Pulido, artista de ampla traxectoria, pintor, gravador e profesor de debuxo e artes plásticas durante moitos anos no Instituto Álvaro Cunqueiro de Vigo. Desde o  25 de setembro ten unha exposición no Centro Cultural Afundación de Vigo, «Antón Pulido. Antolóxica» que percorre a vida e obra do singular pintor. Nacido nunha pequena aldea de Ourense en 1944, hoxe en día sitúase como un dos artistas galegos máis influentes e destacados do momento. Pulido está avalado por unha traxectoria artística que levou a súa obra desde Toquio ata Nova York.

Ningún comentario:

Publicar un comentario