Deseño cartaz: Marian Núñez. Ilustración de Isabel Prieto |
EXPOSICIÓN PROXECTOS 2014
Dentro das medidas implementadas no Plan de Normalización Curricular, iniciado na EMAO no curso 2008-2009, deseñouse, para o alumnado que remataba os seus estudos nas distintas especialidades, a opción Aula Aberta-Proxectos. Nela ofrecíaselle a posibilidade de desenvolver, durante un ano, un proxecto de carácter persoal no que plasmar as aprendizaxes e inquedanzas do seu paso pola especialidade cursada na Escola.
Este proxecto individual --seleccionado previamente polo seu mestre/a, e supervisado por el/ela durante o seu desenvolvemento posterior en réxime de titoría-- pode ter un carácter investigador, creador, de afondamento nunha técnica ou nunha idea, de experimentación con novos materiais...
Na presente exposición, producida integramente pola EMAO, presentamos algúns dos proxectos dos/as alumnos/as que remataron os seus estudos no curso 2012-2013 e que, ao longo do curso seguinte, materializaron a súa proposta inicial, man a man co seu titor/a.
Do proceso proxectual, recóllense aquí os resultados, os produtos creativos ou artesanais, que representan o froito parcial, unha mostra especial, da experiencia e o coñecemento vivido nas aulas e obradoiros ao longo dos seus estudos.
Máis alá deste carácter de representación da actividade interna, as obras transcenden claramente o seu carácter escolar e permítenos contemplar unha exposición chea de madurez, creatividade e contemporaneidade, froito da capacidade de expresión artesana e artística da propia cidade e a importancia do proceso formativo que se desenvolve no histórico edificio municipal doado por José García Barbón.
Produción: Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (EMAO) 2014
Montaxe: Mestres/as da EMAO de Pintura, Debuxo, Escultura e talla en madeira, Serigrafía Artística, Moda e Confección, Artesanía en coiro e Cerámica artística. Axudante de montaxe: Alberto Couñago
Comisariado: Marian Núñez e Alba Pardo
Datas: do 7 de novembro de 2014 ao 8 de xaneiro de 2015
Horario: de 19:00 a 21:00 horas, días laborables
Lugar: Espazo EMAO (entradas polas rúas Pontevedra e Rosalía de Castro)
Ningún comentario:
Publicar un comentario