Co gallo da celebración dos Días Europeos da Artesanía 2015, a Asociación de Artesáns do Val Miñor «Mestura», en colaboración coa Concellaría de Cultura de Gondomar e a Escola de Cerámica organiza este fin de semana a 3ª Feira de Oficios Artesáns para os días 11 e 12 de abril. Haberá conferencias, mesas redondas, talleres e demostracións de xoiería, coiro, encaixe de palillos e talla de madeira.
O ano pasado xa dera unha charla-conferencia o mestre de artesanía en coiro, Pepe Pereira. Este ano será a mestra de pintura, Paula
Mariño Pazo quen dea unha conferencia títulada
«Luis Seoane: O artista comprometido coa súa terra», será o domingo, 12 de abril ás 18:00 horas, na Casa da Cultura de Gondomar.
Fonte: La Voz de Galicia
Fonte: La Voz de Galicia
Grazas María Xesús, ti sempre informando de todo o que ocorre na escola e tamén fóra dela. Bicosmil
ResponderEliminar