Páxinas

13 de abr. de 2015

Exposición "Centenario de Xoxé María Álvarez Blázquez. Construtor dunha Cidade de Libros" na Casa Galega da Cultura de Vigo

Próxima inauguración da exposición "Centenario de Xoxé María Álvarez Blázquez. Construtor dunha Cidade de Libros (Tui 1915 - Vigo 1985)". Será o día 17 de abril, ás 12 horas,  na Casa Galega da Cultura de Vigo, Praza da Princesa 2.
A exposición que está organizada pola Fundación Penzol en colaboración cos familiares e co patrocinio do Concello de Vigo, quere render homenaxe no centenario do seu nacemento a esta figura polifacética e sobranceira da cultura galega, vigués eminente, cunha vida de entrega a Galicia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario