Inauguración: 26 de xuño ás 19:00 horas
Datas: 26 de xuño a 26 de setembro de 2015 (agosto pechada)
Horario: laborables de 19:00 a 21:00 horas
Lugar: Espazo EMAO (entradas rúas Pontevedra e Rosalía de Castro)
Idea, produción e montaxe: Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo
[Texto de presentación da Exposición]
Dentro da programación anual da Escola
Municipal de Artes e Oficios de Vigo, inclúese, ao remate de cada
curso académico, a producción dunha exposición dos resultados
materiais e simbólicos dun proxecto --proposto no
claustro do profesorado- que, partindo dunha idea xeradora única,
interpretada libremente, dea lugar ao despregue do traballo,
imaxinación e saber facer dos distintos talleres.
Con esta idea son tres as edicións desta singular exposición de fin de curso dende que no ano 2011 se inaugurase o Espazo EMAO; primeiro foi Branco e negro, o pasado ano Novos produtos e O feo, neste.
Con esta idea son tres as edicións desta singular exposición de fin de curso dende que no ano 2011 se inaugurase o Espazo EMAO; primeiro foi Branco e negro, o pasado ano Novos produtos e O feo, neste.
Sobre a idea xeradora de “O Feo”
agromaron os proxectos creativos, retos técnicos e obras concretas
que agora amosamos. Trátase, novamente, da coidada exposición de creacións desenvolvidas coa participación do alumnado dos
talleres a partir dunha iniciativa individual ou colectiva, pero, en
todo caso, sempre asumida por toda a clase.
Son feo… pero podo comprar a muller máis bela. Polo tanto, non
son feo, porque o efecto da fealdade, a súa forza afuxentadora,
queda anulado polo diñeiro. Segundo a miña individualidade son
tolleito, pero o diñeiro procúrame 24 pernas: logo, non son
tolleito... Acaso non transforma o meu diñeiro todas as carencias no
seu contrario?. Umberto Eco. Historia de la fealdad
A estética é a parte do pensamento filosófico que ten por estudo a
esencia e a percepción da beleza, entendendo como beleza, a armonía,
a proporción, o agradable de ser visto, o que alimenta o espírito,
en definitiva o que segue as normas establecidas. Todo isto non son
máis que percepcións subxectivas e morais do belo, que veñen
determinadas polo contexto en que se mostran. Polo tanto, podemos
definir o feo como o antagónico do belo, pero se imos máis alá ás
veces "o feo" agrádanos e comprácenos; é entón
cando se xera o conflito e descubrimos unha nova estética, a
estética do feo.
Nietzsche, en "O crepúsculo dos ídolos" fálanos da
diferenza entre o belo e o feo:
No belo o home oponse a si mesmo como medida da
perfección... O feo enténdese como sinal e síntoma de
dexeneración.... A quen odia aquí o home? Non hai dúbida: odia a
decadencia do seu tipo.
O amoral, o grotesco, o sinistro, o banal son conceptos traballados
pola Arte ao longo da Historia, representando así todo aquilo
contrario á mensaxe do cristianismo; así, demos, monstros, e demais
personaxes do submundo nutriron a imaxinación de artistas como El
Bosco. Saturno devorando os seus fillos ou as pinturas negras de Goya
abren paso ás vangardas artísticas, desde o expresionismo ao
cubismo; o kitsch como enxalzamento do pobre, o masivo, é un
expoñente da posmodernidade.
Nesta exposición propoñemos un percorrido pola fealdade, desde o
kitsch ata o feísmo galego, pasando polo grotesco e o
obsceno; polo tanto, Pasen, vexan e xulguen que é o Bello e o Feo.
Idea, producción e montaxe: Escola Municipal de Artes e
Oficios. Profesorado e alumnado das especialidades de Pintura,
Debuxo, Talla e escultura en madeira, Serigrafía, Cerámica, Moda e
confección, Luthería antiga, Deseño e encaixe de palillos,
Artesanía do Coiro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario