Páxinas

4 de feb. de 2016

"La Ciencia del Arte" de Víctor Masriera


Estas fotos corresponden á colección "La Ciencia del Arte" de Victor Masriera (1875-1938) compuesta por cinco volumes encadernados en tela editorial con estampación modernista nas cubertas e numerosas ilustracións. Foron editados por José Gallach.  
Na última década do século XIX, Gallach comprou os fondos da editorial Soler, unha empresa de Barcelona (denominada entón Sucesores de Manuel Soler). A colección emblemática da editorial Soler foron os seus Manuais Soler, caracterizados polo seu reducido formato (11 x 16 cm) e pola encuadernación en cartoné de cor laranxa estampado en negro, que trala compra por Gallach cambiaría a verde. 
A editorial Gallach anunciouse nos primeiros meses como "José Gallach-Editor. Sucesor de Manuel Soler" O primeiro catálogo estivo composto polas obras de referencia procedentes de Soler, de gran interese para profesionais e estudiosos, como os Manuais, e a colección La Ciencia del Arte que hoxe nos ocupa entre outras.
Estes libros son obra de Víctor Masriera Vila, artista, profesor e autor de obras pedagóxicas que asentarian os cimentos do ensino moderno do debuxo e as Belas Artes. Tamén foi un dos primeiros autores en mostrar interese polo debuxo infantil, a través de diversas obras e actividades educativas que culminaron co seus cursos de debuxo.


Como anécdota comentarvos que estes libros foron adquiridos, en 1918, por Maximiliano Vidales Espinosa, profesor de debuxo de figura e adorno nesta Escola durante moitos anos, libros que foron pagados a prazos, proba diso é a factura e os cupóns do abono deses prazos que aínda se conservan.


Víctor Masriera foi autor tamén de outras obras como: Manual de Pedagogía del Dibujo, El Dibujo en la Escuela Primaria, El Arte del Croquis... no noso fondo histórico conservamos tamén El Dibujo para todos, temos dous exemplares un da colección Manuales Soler e outro de Manuales Gallach.

Ningún comentario:

Publicar un comentario